Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cheptegei gaña a San Silvestre Vallecana, cunha participación de máis de 40.000 corredores

Cheptegei gaña a San Silvestre Vallecana, cunha participación de máis de 40.000 corredores

O ugandés impúxose nun man a man a Mo Katir, completando o podio Jesús Ramos

A proba feminina gañouna Bresca Chesang, por diante de Nyonsaba e Chepkoech

A proba popular gañárona Nicolás Cuestas e Natalia Ruiz

G24.gal 01/01/2023 13:19

Un ano máis, a San Silvestre Vallecana pechou o ano en Madrid cunha participación multitudinaria na proba popular, e de moi alto nivel na dos profesionais. En total participaron máis de 40.000 atletas.

A proba popular celebrouse pola tarde, deixando as tradicionais estampas con participantes disfrazados con motivos do Nadal e outro tipo de indumentarias. A proba gañárona Nicolás Cuestas na categoría masculina, cun tempo de 29:18, e Natalia Ruiz, con 34:01, na feminina. A atleta bateu a mellor marca da carreira.

Xa de noite saían os profesionais, cunha nómina de luxo encabezada polo ugandés Joshua Cheptegei, plusmarquista mundial de 5.000 e 10.000 metros, e polo español Mo Katir, gañador hai un ano. Non defraudaron os dous grandes favoritos, que protagonizaron un impresionante man a man ata o quilómetro 8, cando cedeu Katir. Gañou Chepcheguei cun tempo de 27.09. Nove segundos despois cruzou a meta Mo Katir, completando o podio Jesús Ramos con 27.53.

Na categoría feminina gañou a tamén ugandesa Bresca Chesang, cun tempo de 30.19Francine Nyonsaba rematou de segunda con 30:58, e Beatrice Chepkoech fíxose coa terceira praza cun tempo de 31:06.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade