Publicador de contidos
Publicador de contidos

Científicos da Coruña descobren un novo biomarcador do cancro de colon

Científicos da Coruña descobren un novo biomarcador do cancro de colon

A bacteria oral Parvimonas micra aparece nos intestinos e nas feces dos pacientes cun carcinoma colorrectal

G24.gal 04/11/2022 08:56

Tras anos longos de investigación, o equipo de INIBIC liderado pola profesora da UDC Margarita Poza exclama Eureka!: polo que podería ser un novo biomarcador do cancro de colon. O seu nome é Parvimonas micra, unha bacteria que temos baixo os dentes e que 150 pacientes de cancro colo-rectal, todos os analizados, tiñan tamén en feces, no intestino e nos propios tumores. 

"Unha das grandes conclusións do noso traballo é que Parvimonas micra pode ser un biomarcador, é dicir, que nos está indicando que unha persoa estea padecendo cancro de colon polo feito de atopala nas feces. As persoas sas non teñen Parvimonas micra no intestino", di Margarita Poza, investigadora do INIBIC e profesora da UDC.

Por que migran esas bacterias é obxecto tamén da investigación. Os factores son múltiples, empezando pola xenética, factores ambientais, se se ten unha dieta sa... O estrés tamén pode provocar unha disbiose.

O equipo continúa traballando na análise de datos e tamén na investigación da relación entre a microbiota do intestino e a resposta ás terapias oncolóxicas e sobre outros microorganismos que poderían favorecer a carcinoxénese.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade