Publicador de contidos
Publicador de contidos

Científicos e activistas protestan contra a granxa de polbos de Nueva Pescanova

Científicos e activistas protestan contra a granxa de polbos de Nueva Pescanova

A empresa quere crear a primeira instalación destas características nas Palmas de Gran Canaria

Os colectivos animalistas piden que se paralice o proxecto por razóns éticas e medioambientais

G24.gal 23/04/2023 20:09 Última actualización 23/04/2023 20:40

A primeira granxa de polbos do mundo está proxectada en Gran Canaria por Nueva Pescanova. Unha iniciativa que está a recibir o rexeitamento de científicos, activistas e colectivos animalistas.

Piden ao Goberno das Canarias a paralización do proxecto. A compañía defende que quere crear as instalacións para responder a unha demanda cada vez maior desta especie.

"Cientificamente está demostrado que son animais que senten como o resto de animais, pero ademais son especialmente intelixentes e sensibles", di Yolanda Morales, portavoz nacional do partido animalista Pacma.

"É unha nova forma de maltrato animal, unha nova forma de explotación animal", engade Iris Sánchez, coordinadora de Pacma nas Palmas.

Este domingo sumáronse á protesta 120 entidades de 30 países por razóns éticas e medioambientais. Din que ao ser a primeira granxa de polbos do mundo non se conta cunha regulación que garanta o benestar animal.

"Non sabemos aínda que cantidade de polbos pode haber nun só tanque. Vanse baixar as temperaturas da auga ata que morran por conxelación. Van sufrir unha dor moi intensa", sinala Yolanda Morales.

Por iso piden que se paralicen os permisos. Nueva Pescanova conta xa cunha parcela no porto pero falta o visto e prace definitivo do Goberno das Canarias.

"Que escoiten a toda esta comunidade científica que está alzando a voz contra esta loucura", engade Iris Sánchez.

Desde a consellería de Transición Ecolóxica confirman que o proceso de avaliación ambiental segue en marcha pero aínda non se tomou unha decisión definitiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade