Cargando resultados...
Cinco detidos por unha violación grupal en Xaén
Cinco detidos por unha violación grupal en Xaén
Dúas menores foron agredidas no municipio de Los Villares. Un dos agresores é menor de idade.
G24.gal
04/02/2024 14:33
Última actualización 04/02/2024 16:33
Detidos cinco mozos por agredir, presuntamente, a dúas menores de idade no municipio xienense de Los Villares. Os feitos denunciados aconteceron a fin de semana pasada, nunha zona onde se fai botellón.
Catro dos supostos agresores sexuais, que son maiores de idade, quedaron en liberdade provisional tras declararen no xulgado, coa prohibición de comunicarse e achegarse as vítimas. O quinto detido, menor de idade, quedou a disposición da Fiscalía de menores.