Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xurado declara culpable de asasinato o acusado de matar a súa exparella no Birloque

O xurado declara culpable de asasinato o acusado de matar a súa exparella no Birloque

Por unanimidade, os nove membros do xurado, entenden que a matou con aleivosía logo de que ela manifestase que quería acabar coa relación

(EFE/Cabalar) (EFE/Cabalar)
G24.gal 30/10/2024 14:12

O xurado popular declarou este mércores culpable de asasinato o home acusado de matar á súa exparella no barrio coruñés do Birloque en setembro de 2021.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acolleu a lectura do veredicto tras o xuízo contra un home de 51 anos para o que a Fiscalía e a acusación particular pedían 25 anos de cárcere por asasinato, mentres o seu defensa reclamaba a libre absolución ao soster que está eximido de responsabilidade penal porque tiña alteradas as súas capacidades cognitivas e volitivas.

Por unanimidade, o xurado popular atopado ao acusado culpable do asasinato con aleivosía da súa exparella.

Os nove membros do xurado consideraron probado que el a ameazou cando ela lle manifestou a súa vontade de acabar coa relación e posteriormente, en setembro de 2021, apuñalouna en numerosas ocasións por detrás "de forma sorpresiva e repentina".

Por estes feitos, a Fiscalía e a acusación piden 25 anos de prisión por asasinato e unha indemnización de 80.000 euros para os dous fillos -dunha relación anterior dela- e o pai da vítima.

A defensa do procesado estaba baseada en que non era consciente do que facía, tras inxerir alcol, pastillas e fentanilo -un forte opiáceo-, unha tese descartada polo xurado popular no seu veredicto, que cre que estaba en pleno uso das súas facultades.

El mesmo alegouno o primeiro día do xuízo, cando explicou que levaba tempo con diversos tratamentos e dixo que mesmo estivera ingresado en varios psiquiátricos.

A contorna da vítima, pola súa banda, coincidiu no seu momento en que ela quería romper co acusado cando se produciron os feitos.

Os forenses que declararon durante o proceso descartaron que padecese patoloxías e concluíron que non é posible demostrar o que consumira aquel día, aínda que o taxista que o levou cando fuxía aclarou no seu momento que falou con el e non o viu afectado por ningún tipo de substancia.

A partir do veredicto emitido polo xurado popular, agora o maxistrado presidente ditará unha sentenza condenatoria contra o procesado, que non será firme, pois contra ela caberá recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade