Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como actuar e que precaucións tomar ante unha DINA

Como actuar e que precaucións tomar ante unha DINA

Os servizos de emerxencia instan a quedar na causa e seguir varias recomendacións

G24.gal 30/10/2024 15:03 Última actualización 30/10/2024 16:59

A mensaxe que recibiron os valencianos ás oito da tarde nos seus móbiles, procedente dos servizos de emerxencias da Comunidade, incidía na primeira recomendación ante os posibles efectos dunha DINA: evitar os desprazamentos.

Non só para afastarse do perigo, tamén para permitir os traballos de rescate. "Evitar na medida do posible desprazamentos, en vehículos ou transporte público. Nunca entrar en zonas inundadas ou encharcadas, porque non sabes o que hai debaixo", explica Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias.

Tamén explica que cómpre quedar na casa, pechar portas e ventás e resgardarse en zonas altas das vivendas. No campo, hai que evitar buscar refuxio baixo as árbores durante as tormentas, e afastarse dos leitos dos ríos. "Un regato que non ten auga, con mil metros por metro cadrado nunha hora sobe moi rapidamente", advirte.

Malia que durante a noite circulou o loia de que o servizo de emerxencias da Comunidade Valenciana caera pola saturación, o certo é que traballou arreo, e que este número é a única canle para habilitar a axuda.

"Chamar ao 112 sempre, aínda que ás veces hai moito tempo de espera ou te desconecta, hai que seguir intentándoo... Porque é o único mecanismo para poder habilitar os medios operativos", advirte o xerente da AXEGA. O 112 de Galicia mesmo trasladou seis chamadas de galegos que se atopaban na zona afectada, que foron trasladadas aos servizos de emerxencias da Comunidade Valenciana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade