Publicador de contidos
Publicador de contidos

Citas importantes fóra da casa para Obradoiro e Breogán

Citas importantes fóra da casa para Obradoiro e Breogán

Os santiagueses buscan diante do Fuenlabrada abrir oco co descenso

Os lucenses, sen Mahalbasic, pretenden alimentar as súas opcións de playoff

G24.gal 09/04/2022 13:21

Se o Obradoiro non quere comprometer o seu futuro na liga ACB, debe conseguir nesta semana algo que só foi capaz de facer unha vez en toda a liga. Gañar fóra da casa. Hoxe, Fuenlabrada, o xoves Zaragoza e o próximo sábado Burgos. Tres citas a domicilio vitais, comezando pola desta tarde. Unha vitoria fronte ao Fuenlabrada vale ouro aínda que desde o corpo técnico obradoirista faise un exercicio de pragmatismo.

Agarda unha cancha quente, eufórica. O Tenerife mellorou moito con respecto ao equipo que perdera en Lugo na primeira xornada. A súa última vítima foi o Real Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade