Publicador de contidos
Publicador de contidos

Claudio: "Cando hai unha expulsión debería entrar o VAR"

Claudio: "Cando hai unha expulsión debería entrar o VAR"

Agarda que Apelación poida quitarlle algún cartón a Moriba

Di que o Celta está ilusionado coa Copa do Rei

G24.gal 10/10/2024 15:29 Última actualización 10/10/2024 15:34

Claudio prefería un rival mais preto de Vigo. O inconveniente na rolda de copa para o Celta será á viaxe. Vaise á Costa do Sol a xogar co San Pedro.

"Prepararemos o partido de Copa con toda a ilusión, temos unha oportunidade de ir pasando rondas e estar o máis alto que poidamos"

"É unha competición especial. Temos moitas ganas de xogala, importa a inmediatez"

Con Claudio conversamos tamén da copa e da actualidade do Celta. Do que aconteceu en Gran Canaria con Aspas e Moriba, aínda confía no comité de apelación.

"Tócanos respectar a decisión. O de Iago parecía máis difícil pero con Ilaix tiñamos máis esperanzas"

"Cando hai unha expulsión debería entrar o VAR, sexa por amarela ou vermella directa".

O Celta prepara o partido ante o Real Madrid contando coa ausencia segura de Aspas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos