Publicador de contidos
Publicador de contidos

Claudio Giráldez celebra o seu aniversario con vitoria (4-0)

Claudio Giráldez celebra o seu aniversario con vitoria (4-0)

Imperial Raúl Blanco, con dúas asistencias

Gran partido do filial celeste que lles permite volver aos postos de play-off

G24.gal 24/02/2024 15:06

Volvía o Celta Fortuna a Barreiro en busca de unha vitoria que cambie o ánimo. Comezou dominador, como se presupoñía, o filial. Con balón e oportunidades. A primeira chegou cedo, con Raúl Blanco como protagonista. Recibiu o balón, salvou ao rival cunha gran manobra e lanzou con zurda. O balón marchou preto do pau. Tamén o tentou Alfon, moi incisivo con condución, inda que sin sorte. Nesta ocasión, foi Antxón quen desbaratou a oportunidade. O paso dos minutos deulle osíxeno ao Sestao quen tivo unha boa oportunidade. Unha falta moi preto da frontal que lazou Jon Cabo e marchou arriba. Inda así, o Celta seguiu achegándose ao área rival. O balón parado estaba a ser perigoso. Así o fixo Yoel Lago cabezando unha falta lateral de Damián e marchou preto do pau.

No segundo tempo alzouse unha figura no filial celeste. Hugo Álvarez quixo ser protagonista, e así foi. Fixo o 1-0 tras converter un penalti provocado por Alfon. Yoel Lago, como ao final do primeiro período tamén probou á saída dun córner. E no 52, Hugo Álvarez temén volveu levar perigo. Marchou do seu par e quixo deixar a Pablo Durán en boca de gol, a defensa vasca esbaratou a xogada. O de Ourense estaba collendo o balón na banda e creando situacións de perigo con diagonais. Quixo sumarse a festa Raúl Blanco, participando nos dous seguintes goles. O 2-0 chegou tras unha gran xogada. Comezaron a tocar en área propia, avanzaron metros e profundaron por esquerda. Raúl Blanco puxo un sutil balón á área e alí apareceu a cabeza de Alfon para facer o gol. Só dous minutos despois, outra gran xogada do filial. Raúl Blanco inventouse un toque de calcaño para deixar só a Pablo Durán e facer o 3-0. Fer López, que acaba de entrar, quixo unirse a festa. Unha boa xogada individual do canteirán que probou sorte desde a frontal pero o balón lambeu o pau. O que si se uniu foi Dela. Recibiu na frontal e pegoulle. Pola escuadra. Un golazo.

Este resultado deixa, de novo, ao Celta Fortuna nos postos de promoción de ascenso, son cuartos con 43 puntos. Os pupilos de Giráldez regaláronlle unha vitoria ao seu adestrador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos