Publicador de contidos
Publicador de contidos

Previa 1ª RFEF: todos preto dos play-off

Previa 1ª RFEF: todos preto dos play-off

O Celta Fortuna abre a xornada querendo cambiar a dinámica: son 6 partidos sen gañar

O Arenteiro viaxa o Logroñés buscando unha vitoria que o aproxime á promoción de ascenso

Roberto Trashorras debuta no banco do Anxo Carro contra o Fuenlabrada

O Deportivo quere seguir coa súas velocidade de cruceiro

G24.gal 24/02/2024 13:07

Dentro duns minutos o Celta volve a Barreiro na procura da Fortuna que lle está a faltar nestas últimas xornadas. Leva seis sen gañar, pero -ollo- porque en cinco delas a desfeita veu nos últimos seis minutos.  Neses minutos perdeu sete puntos cos que agora sería líder. Ás 16 pincipia. O Celta Fortuna recibe ao antepenúltimo, o Sestao. 

Ás 20 será a quenda do polbo mecánico, o Arenteiro, que ao ritmo daquela mítica Ramona.... marchou a Logroño disposto a referendar fóra os magníficos da casa. Están de sétimos a cinco puntos da promoción e ben merecen tanto aplauso.

O domingo ás sete estréase Roberto Trashorras no banco do Anxo Carro. O Lugo recibe o Fuenlabrada á busca dunha nova vitoria que o volva enganchar de cheo á pelexa polo ascenso.

Unha hora máis tarde, ás 20, será a momento do Deportivo. Ese equipo nun bo momento que converteu o medo en ilusión e as sombras en luces. Cinco vitorias seguidas. Con novo sistema, con Mella e Yeremai superlativos e con Lucas e modo determinante. Que non pare a música! O Dépor viaxa para medirse co Osasuna B, equipo de metade da táboa, que xa foi quen de rascar un empate na primeira volta en Riazor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade