Publicador de contidos
Publicador de contidos

Clun alcanza o seu récord de facturación con 267 millóns en 2023

Clun alcanza o seu récord de facturación con 267 millóns en 2023

Aumentou os seus beneficios antes de xuros e impostos nun 61 % respecto ao ano anterior

O director xeral de Clun, Juan Gallástegui, na asamblea xeral / Europa Press O director xeral de Clun, Juan Gallástegui, na asamblea xeral / Europa Press
G24.gal 28/06/2024 16:36 Última actualización 28/06/2024 16:59

A cooperativa rural galega Clun, que fabrica e comercializa as marcas lácteas Feiraco, Clesa e Únicla, aprobou as súas contas de 2023 na asemblea xeral ordinaria celebrada en Ames (A Coruña). Alcanzou os seus mellores resultados: 267 millóns de euros de facturación.

Segundo informa a compañía nun comunicado, consegue o seu maior ebitda -beneficios antes de intereses e impostos-, cun aumento do 61 % respecto ao 2022, ata chegar a preto de oito millóns de euros. Ademais, rexistrou un resultado neto positivo en todas as empresas do grupo.

O director xeral de Clun, Juan Gallástegui, destacou que se trata das mellores contas da cooperativa desde a súa fundación. Apunta que, tras varios exercicios de crecemento, procédese á superación dos problemas que se arrastraban desde hai anos. Subliña "o modo que a cooperativa escolle para crecer: desde o respecto ao traballo que se fai no campo e nas granxas".

Ademais, Clun aumenta as súas exportacións ata alcanzar 65 países. Informa de que, tras a acollida dos iogures gregos en gran formato, lanzarán ata unha vintena de novos produtos.

"En Clun negámonos a iniciar ningunha guerra de ofertas que desvaloriza o esforzo das mulleres e homes do noso rural", asegura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade