Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a campaña de abonados do Rácing de Ferrol

Comeza a campaña de abonados do Rácing de Ferrol

Os prezos do Rácing son os máis baratos da categoría, ao igual que o ano pasado

G24.gal 19/07/2024 15:38

Este luns 22 de xullo comenza a campaña de captación de socios do Rácing de Ferrol, que volverá a contar este ano cos prezos máis baixos da categoría. O obxectivo que se propón o Rácing é superar o número acadado a pasada campaña, na que bateu todas as marcas históricas da entidade con case nove mil abonados.

A campaña plantéxase en tres fases: renovación de abonos, cambio de asentos e novas altas. A primeira fase, a de renovación, arrincará o luns 22 de xullo e durará ata o domingo 4 de agosto. A segunda, a do cambio de asentos, durará 3 días, dente o 6 de agosto ata o 9, mentres que a posibilidade de facer unha nova alta, en caso de que exista aforo dispoñible, terá lugar a partir do 12 de agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade