Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza na Coruña o festival de cultura inclusiva Festigual

Comeza na Coruña o festival de cultura inclusiva Festigual

Ata o 27 de novembro, un amplo programa con actividades de teatro, música, obradoiros ou danza

Na xornada inicial houbo obradoiros de música e teatro coa compañía galega Redrum

Beatriz Moyano 09/11/2021 21:32

Comezou na Coruña a quinta edición do Festigual, o festival de artes pola inclusión cultural que se celebrará na cidade ata o 27 de novembro. Obradoiros inclusivos, concertos , teatro e exposicións traballan xuntos por e para a integración de persoas con todo tipo de diversidades

Na xornada inaugural houbo un obradoiro musical a cargo do proxecto Dj Inclusivo, onde persoas con diferentes capacidades aprenderon os coñecementos necesarios para levar a cabo unha sesión de música.

O peche púxoo a compañía de teatro galegra Redrum coa súa peza feminista 'Invisibles' no Teatro Rosalía da Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade