Publicador de contidos
Publicador de contidos

Compostela e Ávila empatan nun partido de poder a poder

Compostela e Ávila empatan nun partido de poder a poder

Os visitantes tiveron máis ocasións no primeiro tempo e o encontro emparellouse no segundo

G24.gal 15/12/2024 19:52

O Ávila demostrou ser un dos equipos máis físicos da categoría e puxo en moitos problemas o Compostela no partido xogado no Vero Boquete. Houbo empate sen goles ao final nun encontro xogado de poder a poder. 

No primeiro tempo as mellores ocasións foron para o equipo visitante, sobre todo un remate de Mario Rivas que se espetou contra o pau. Na segunda parte o Compostela conseguiu xerar algo máis de perigo e gozou dalgunha oportunidade, sobre todo a balón parado. Pero a mellor volveu a ser para o Ávila cun remate de Carrión que salvou Rabanillo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar