Condenado a catro anos por abusar sexualmente dunha compañeira de clase na Coruña
Condenado a catro anos por abusar sexualmente dunha compañeira de clase na Coruña
Deberá cumprir ademais liberdade vixiada de cinco anos e non poderá exercer ningunha profesión en contacto directo con menores durante outros catro anos
Tamén deberá indemnizar a vítima con 10.000 euros
Un home foi condenado a catro anos de cárcere por abusar sexualmente dunha compañeira de clase no domicilio da vítima.
A sentenza da Audiencia Provincial da Coruña emitida o pasado 14 de marzo e publicada este luns polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) establece, ademais, unha condena de liberdade vixiada de cinco anos e a inhabilidade de exercer durante outros catro anos profesión ou oficio algún en contacto regular e directo con menores de idade.
A setenza da sección segunda da Audiencia impón, así mesmo, ao condenado o pago dunha indemnización á vítima de 10.000 euros polos prexuízos ocasionados.
Os abusos, segundo a sentenza, foron perpetrados a mañá do 24 de xuño de 2022 no domicilio da vítima e o tribunal considerou a súa declaración testifical como "fiable sen máis adxectivos".
Engade que "suma á súa credibilidade intrínseca a contundente corroboración tecida polo resto dos medios probatorios" e subliña que o testemuño da vítima é "neutral, coherente e persistente sempre".