Feijóo: "O Goberno actuou tarde, sen falar con ninguén, sen buscar consenso"
O presidente da Xunta cre que o plan de choque chega tarde e pídelle ao Executivo central que rectifique
Foi o último Consello da Xunta de Núñez Feijóo como presidente do Partido Popular de Galicia. E tamén o último antes de ser proclamado mañá formalmente novo líder do PP no congreso extraordinario de Sevilla.
Entre os desafíos inminentes que vai afrontar nesta nova etapa está a situación económica de España, marcada pola elevada inflación. O presidente da Xunta referiuse ao plan de continxencia que acaba de aprobar o Goberno. Alberto Núñez Feijóo cre que este plan chega tarde e sen consenso, e lamenta que lle falta concreción nalgunhas materias.
"O Goberno actuou tarde, sen falar con ninguén nin buscar o consenso. Se o Goberno amplía ese plan, se o modifica... podemos falar. Se non interpretamos que nos invita a non apoiar un Goberno que non quere ser apoiado".