Confirman a inhabilitación durante 9 anos do exalcalde de Muras por un delito de prevaricación
Confirman a inhabilitación durante 9 anos do exalcalde de Muras por un delito de prevaricación
Isaam Algnam foi condenado por contratar irregularmente empregados municipais
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a inhabilitación para o exercicio de cargo público durante nove anos e medio do exalcalde de Muras Isaam Algnam Azzam por un delito de prevaricación, ao contratar irregularmente a empregados municipais.
O TSXG considera probado que, cando exerceu de rexedor, entre 2012 e 2015, subscribiu contratos laborais temporais a varias persoas "prescindindo total e absolutamente de calquera tipo de procedemento que garantise os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade para o acceso á función pública".
A contratación de empregados foi "por el mesmo, segundo o seu libérrimo criterio" xa que se efectuou "sen publicidade das bases e convocatoria", engade a sentenza.
Os maxistrados do TSXG estimaron, con todo, unha parte o recurso presentado polo antigo rexedor e eximírono da responsabilidade civil de eventuais indemnizacións.