Publicador de contidos
Publicador de contidos

Consellos para evitar afogamentos: buscar praias vixiadas, controlar os cativos e aproveitar as ondas

Consellos para evitar afogamentos: buscar praias vixiadas, controlar os cativos e aproveitar as ondas

No que vai de ano morreron en Galicia 29 persoas por afogamentos en praias ou piscinas

G24.gal 21/06/2024 14:38

Os datos fan saltar as alarmas. A morte de 29 persoas por afogamentos en Galicia nos cinco primeiros meses é preocupante. Por iso, agora que comeza o verán, é bo momento para ter en conta algunhas recomendacións, como buscar praias vixiadas e ter un control directo dos nenos.

"Os elementos como manguitos, churros ou materias de flotación que utilizan os nenos, non preveñen o afogamento, a única prevención é a vixilancia directa. Os chalecos si poden previr porque evitan que a vía aérea estea dentro da auga", advirte Roberto Barcala, profesor de socorrismo da Universidade de Vigo. 

Outro consello está destinado a facerlle fronte a unha das principais causas de afogamento: as correntes de retorno, a resaca

"Nestes casos hai que tratar de manter a calma, deixarnos ir e saír por un lateral. Aproveitar as ondas que hai nas partes periféricas da corrente para saír do mar sen nadar contra corrente", asegura este experto

E, no caso de producirse un accidente deste tipo, o primeiro é avisar o 112. Se a persoa non respira, hai que empezar canto antes coa reanimación.

"Temos que facer compresións e ventilacións. Facemos cinco ventilacións boca a boca e continuamos coas compresións trinta/dous", subliña este experto
 

A reanimación deberá manterse ata que a persoa se recupere ou ata que chegue a asistencia sanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade