Publicador de contidos
Publicador de contidos

Croacia dá a badalada e elimina a Brasil en cuartos do Mundial

Croacia dá a badalada e elimina a Brasil en cuartos do Mundial

A selección croata consegue o pase a semifinais na quenda de penaltis 

A actuación do seu gardameta, Livakovic, foi decisiva na eliminatoria

G24.gal 09/12/2022 19:35 Última actualización 09/12/2022 20:36

Craoacia deu a badalada en Qatar ao eliminar en cuartos de final a Brasil, favorita ao título mundial. 

O partido chegou á prórroga tras unha primeira parte moi igualada e unha segunda en que resultou clave a actuación de Livakovic, o gardameta croata, para frear os ataques da canarinha

No minuto 105 Neymar puxo por diante a Brasil nunha grande acción persoal. Croacia empatou o encontro no 116 cun tanto de Petkovic.  

A eliminatoria resolveuse na quenda dos penaltis. Brasil errou dous dos lanzamentos. Livakovic, o heroe da xornada, adiviñoulle as intencións de Rodrygo e Marquinhos estrelou o balón no pau. 

Croacia volve meterse en semifinais dun Mundial do mesmo xeito en que o fixo en 2018, cando se impuxo por penaltis a Dinamarca e Rusia. 

Medirase coa gañadora do duelo entre os Países Baixos e a Arxentina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade