Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristian Herrera séntese preparado para “o reto” que o espera no Deportivo

Cristian Herrera séntese preparado para “o reto” que o espera no Deportivo

O dianteiro canario, de 33 anos, espera achegar “experiencia” e “verticalidade” ao ataque

G24.gal 10/09/2024 12:37 Última actualización 10/09/2024 12:48

O dianteiro canario Cristian Herrera, presentado este martes como novo futbolista do Deportivo, está preparado para asumir “o reto” que o espera no conxunto branquiazul, co que se comprometeu unha vez pechado o mercado de fichaxes ao atoparse sen equipo.

“Producíronse conversacións co Deportivo antes. Sei que veño a un club moi esixente, pero eu tamén son a persoa máis esixente comigo mesmo. Estou preparado para asumir o reto e axudar o máximo posible”, afirmou.

O exfutbolista da U. D. As Palmas, que tivo os seus primeiros minutos coa camiseta deportivista fronte ao Granada en Los Cármenes, dixo chegar ben fisicamente.

“Son un pouco adicto a estar ben fisicamente. O verán foi longo para min porque era axente libre, pero prepareime todos os días porque sabía que tiña que estar listo. Cóidome bastante, vou ao ximnasio todos os días, coa comida levo unha certa dieta que me permite render e estar a lume de biqueira sempre”, explicou.

Definiuse como un futbolista “polivalente” e “vertical”, que pode actuar en “calquera” posición de ataque e cuxa principal virtude é “a chegada” á área rival:

“Sempre quero achegar goles, sexa asistindo ou marcando”.

Neste sentido, o dianteiro canario, de 33 anos, espera achegar “experiencia” e “verticalidade” ao ataque do Deportivo, onde atopou “unha gran familia” no vestiario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar