Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cumpres os motivos para librarte de ser membro da mesa electoral este 23-X?

Cumpres os motivos para librarte de ser membro da mesa electoral este 23-X?

A maioría dos motivos relaciónanse coa saúde, coidados e familia

Os membros teñen dereito a reducir a xornada laboral e cobrarán 70 €

Iria Peniza 28/06/2023 13:27 Última actualización 28/06/2023 13:57

Chegan as notificacións para ser parte dunha mesa electoral o próximo 23-X. Por iso, é importante coñecer se cumpres algún dos motivos para rexeitar esta obriga.

  1. Motivos sanitarios: sempre vai ser preciso presentar un certificado da baixa médica. Embarazo, lesións, operacións próximas, período de lactancia, covid… 

  2. Calquera grao de discapacidade

  3. As persoas entre 65 e 70 anos teñen a posibilidade de rexeitar sen maior xustificación

  4. Ter ao coidado a nenos, maiores ou dependentes, e sen a posibilidade de substitución

  5. Se che tocou tres veces nos últimos 10 anos, non terás que ir esta cuarta vez

  6. A pertenza a un réxime de clausura tamén se inclúe neste listado

  7. No referido ás profesións, servizos esenciais, sen posible substituto

  8. Na familia, pode librarte a voda dos teus irmáns pais, fillos, netos e avós, pero non a dos teus primos, tíos ou sobriños

  9. Como novidade destas eleccións, tamén se inclúen como eventos familiares as vacacións planificadas antes do 30 de maio e que causen prexuízo económico

Debes presentar a documentación adecuada ante a Xunta Electoral de Zona, nun prazo máximo de 7 días desde o día da notificación. Desde año, obterase unha resposta nun máximo de 5 días.

Dereitos e deberes dos membros da mesa

Chámanse a 9 persoas por mesa electoral: un presidente e dous vogais, cos seus correspondentes dous suplentes. Todos deben presentarse o domingo 23 de xullo ás oito da mañá. Os tres que queden formando a mesa, cobrarán 70 € e teñen dereito a reducir a súa xornada laboral do día seguinte en cinco horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade