Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas excursións de maiores a Benidorm, detrás da repunta de casos en Ourense

Dúas excursións de maiores a Benidorm, detrás da repunta de casos en Ourense

Producíronse dous gromos: un na área do Carballiño, con vinte positivos, e o outro en Barbadás, con dez. 

Volven aumentar os casos activos, marcados pola alza da área de Ourense

G24.gal 03/11/2021 19:17

A Consellería de Sanidade confirmou que dúas excursións a Benidorm están detrás da repunta de casos que rexistra a área sanitaria de Ourense nos últimos días.

A pesar de que as viaxes do Imserso aínda non comezaron, outras entidades si que están a realizar estas excursións.

Ambas as viaxes estaban dirixidas a persoas maiores de 65 anos e, segundo subliña a Xunta, a orixe dos gromos está fóra da comunidade autónoma.

Un dos gromos produciuse na área do Carballiño-Cea, de onde procedía unha das excursións á que se vincularon 20 dos positivos, entre os viaxeiros e os seus contactos estreitos.

A segunda excursión tiña a súa orixe en Barbadás, concello que polo momento suma dez casos activos, aínda que os cribados continúan e non se descarta un aumento dos positivos.

A Benidorn viaxaron un total de 70 persoas nestas dúas viaxes, das que regresaron a finais do mes de outubro.

A trintena de casos súmase á situación da área sanitaria de Ourense, onde se rexistran 126 casos activos, 11 máis que na xornada anterior. Ademais conta cun ingreso en UCI.

A incidencia concéntrase especialmente en Ourense capital con 60 casos activos, en Barbadás rexístranse 25 e no Carballiño dez. Con todo, hai 71 municipios de 92 sen casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade