Damián Rodríguez únese ao grupo, nunha sesión sen Manquillo e Jailson
Damián Rodríguez únese ao grupo, nunha sesión sen Manquillo e Jailson
O Celta empezou a preparar este martes o próximo partido de Liga contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán
Co internacional sub-21 Damián Rodríguez traballando co grupo, despois de ausentarse da última sesión por motivos persoais, o Celta empezou a preparar este martes o próximo partido de Liga contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán.
O técnico celeste, Claudio Giráldez, puido traballar con todos os futbolistas salvo os lesionados Javier Manquillo e Jailson Marques, que seguen con traballo individual. O defensa madrileño non reaparecerá ata principios de 2025 tras sufrir unha escordadura de grao II no nocello esquerdo no partido ante o Español, mentres o centrocampista brasileiro atópase na recta final da recuperación da lesión sufrida no adutor a finais de novembro.
A estas baixas únese a do canteirán Fer López, que se lesionou no partido do seu debut en Primeira contra o Osasuna. O futbolista do filial estará unhas seis semanas de baixa tras confirmarse que sofre “unha escordadura de grao II da sindesmose tibioperonea do seu nocello dereito”.