Javi Rodríguez: “Esperamos dar unha boa imaxe fóra da casa”
Javi Rodríguez: “Esperamos dar unha boa imaxe fóra da casa”
O canteirán, que arrincou a tempada co filial, converteuse nun fixo no once de Claudio Giráldez
Javi Rodríguez, defensa do R. C. Celta, espera que o seu equipo ofreza “unha boa imaxe” este sábado fronte ao Sevilla no Sánchez Pizjuán, onde buscarán a súa segunda vitoria a domicilio en LaLiga.
“Eles veñen de perder contra o Atlético de Madrid 4-3. Esperamos ir alí gañar, dar unha boa imaxe fóra da casa, que creo que si se vai dar. Imos ir alí gañar”, manifestou o futbolista galego.
O canteirán, que arrincou a tempada co filial, converteuse nun fixo no once de Claudio Giráldez, ao que lle agradece a “confianza” que depositou nel.
“Faime sentir moi ben porque a calquera futbolista gústalle xogar. Tento dar todo de min para axudar ao equipo”, comentou tras recibir o premio Estrella Galicia ao mellor xogador celeste no mes de novembro.