Publicador de contidos
Publicador de contidos

Claudio Giráldez: "Hai que estar ao 200 % ante o Mallorca para competilo"

Claudio Giráldez: "Hai que estar ao 200 % ante o Mallorca para competilo"

O técnico do Celta agarda ter a todos menos Jailson e Manquillo

G24.gal 05/12/2024 14:16 Última actualización 05/12/2024 14:34

O Celta retoma os partidos de Liga tras a vitoria en Copa do Rei ante o Salamanca. O equipo vigués recibe en Balaídos ao Mallorca. Claudio agarda ter a todos menos Jailson e Manquillo.

O club vigués tratará de vencer aínda que só conseguiu unha vitoria nas seis últimas visitas do Mallorca, que chega mañá en posto europeo.

"Se non estamos ao 200 % co foco no Mallorca non imos ser capaces de competilo. Ten moito máis que físico, necesitamos competir en moitas outras cousas"

O Celta xogará o seu terceiro partido en seis días.

"É difícil ter a todo o grupo coa mesma enerxía para adestrar (con partidos seguidos). Temos claro o que temos que facer, cremos que podemos acertar as formulacións que nos pode facer o rival, verémolo. A sensación que me dá o equipo é que está enchufado"

Cre que a Fer lle vai ben estar co Fortuna e xogar, aínda que se adestre co primeiro equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade