Medra a conexión celtista: en tres temporadas duplicouse a media de espectadores
Medra a conexión celtista: en tres temporadas duplicouse a media de espectadores
Pasouse dos 11.200 da campaña 21/22 aos 22.500 deste exercicio
Como cambiaron as cousas en Balaídos. En tres temporadas duplicouse a media de espectadores. Dos once mil douscentos da campaña 21/22 aos vinte e dous mil cincocentos deste exercicio. Un momento espectacular no social e no futbolístico para o Celta.
Temporada 21/22 11.256 espectadores
Temporada 22/23 14.422 espectadores
Temporada 23/24 20.081 espectadores
Temporada 24/25 22.534 espectadores
Con ese sentimento de pertenza de futbolistas que medraron na casa e que son o refererente para o público máis animoso que acode ao estadio. Preguntámonos as razóns deste cambio, deste crecemento, da atmosfera creada en Balaídos, a conexión do celtismo con este proxecto que lidera Claudio.