Debate cos candidatos para presidir a Comisión Europea
Debate cos candidatos para presidir a Comisión Europea
O evento tivo lugar este xoves 23 de maio no hemiciclo do Parlamento Europeo en Bruxelas
A Unión Europea de Radiodifusión (UER), que organiza o debate, confirmou a participación de Walter Baier (Austria, Esquerda Europea), Sandro Gozi (Italia, Renovar Europa agora), Ursula von der Leyen (Alemaña, Partido Popular Europeo), Terry Reintke (Alemaña, Verdes europeos) e Nicolas Schmit (Luxemburgo, Partido dos Socialistas Europeos).
Os candidatos debaten sobre os seguintes temas:
►economía e emprego
►defensa e seguridade
►clima e medio ambiente
►democracia e liderado
►migración e fronteiras
►innovación e tecnoloxía
Houbopreguntas da audiencia presente no hemiciclo e dos participantes nos eventos organizados polas oficinas do PE nos Estados membros, así como procedentes das redes sociais e formuladas polos moderadores. . Unha das persoas que interviu foi a ourensá, chámase Carlota Pombar, de 21 anos
O debate estivo moderado por Martin Řezníček (TV checa) e Annelies Beck (VRT, Bélxica).