Publicador de contidos
Publicador de contidos

A relación con Rusia e a visión da UE, principais diferenzas entre Macron e Le Pen

A relación con Rusia e a visión da UE, principais diferenzas entre Macron e Le Pen

O presidente francés acusou a súa rival de depender de Putin por pedir créditos a bancos rusos para financiar o seu partido

O próximo domingo decidirán os case 49 millóns de franceses con dereito a voto.

G24.gal 21/04/2022 08:17

Foron case tres horas de debate, emitido polas principais canles francesas. Un dos principais puntos de fricción, a guerra en Ucraína.

O presidente francés acusou a súa rival de depender de Putin por pedir créditos a bancos rusos para financiar o seu partido. "Vostede fala do seu banqueiro cando fala de Rusia", asegurou Macron.

Le Pen defendeuse: "É bastante deshonesto que me impida pedir un crédito en Francia e que despois me reproche que o faga no estranxeiro. Son totalmente libre. Unha patriota. E defenderei toda a vida a Francia e os franceses", dixo a candidata de ultradereita. E lembrou que Macron tamén recibiu a Putin no Elíseo.  

Tamén discreparon sobre a visión de Europa. Macron defendeu unha Unión máis forte e acusou a súa opoñente de ocultar no programa o seu proxecto para saír do euro. 

Le Pen negou que busque abandonar a Unión Europea, pero si admitiu que quere unha profunda renovación.

Repetiuse o cara a cara que marcara as eleccións de 2017, pero esta vez foi distinto. Os analistas destacaron do presidente o dominio dos temas e a habilitade retórica, pero tamén que a candidata de extrema dereita resistiu moito mellor que no anterior debate e tentará darlles a volta ás enquisas, que apuntan a unha vantaxe de Macron de 12 puntos. 

O próximo domingo decidirán os case 49 millóns de franceses con dereito a voto.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade