Publicador de contidos
Publicador de contidos

Debate na CRTVG: Eleccións ao Parlamento Europeo 2024

Debate na CRTVG: Eleccións ao Parlamento Europeo 2024

Interveñen Nicolás González (PSOE); Francisco Millán Mon (PP); Ana Miranda (Agora Repúblicas); Juan Díaz Villoslada (Sumar) e Javier Nart (Ciudadanos)

G24.gal 26/05/2024 18:00 Última actualización 27/05/2024 11:26

A CRTVG organizou o luns 27 ás 10 da mañá un debate entre candidatos dos principais partidos políticos ás eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño. Moderado polo xefe de Planificación Informativa da Radio Galega, Alberto Varela, contará coa presenza de Nicolás González (PSOE); Francisco Millán Mon (PP); Ana Miranda (Agora Repúblicas ERC, Bildu, BNG, AM); Juan Díaz Villoslada (Sumar) e Javier Nart (Ciudadanos).

Estivo dividido en catro bloques temáticos: transición industrial, enerxética e ecolóxica, así como impulso da soberanía económica e comercial da Unión Europea; o sector primario de Galicia desde unha perspectiva europea: pesca, gandería e agricultura; o futuro do financiamento europeo en Galicia, balance da execución dos Fondos Next Generation e o reto que pode supoñer a ampliación da UE a novos países; e por último os grandes retos do continente: a defensa común, o avance tecnolóxico e a intelixencia artificial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade