Debaten en Bruxelas as medidas para frear o impacto do cambio climático
Debaten en Bruxelas as medidas para frear o impacto do cambio climático
Teresa Ribera apuntou que sería un fracaso para a Unión Europea non sacar adiante a lei de restauración da natureza, que busca recuperar o 20 % das zonas terrestres e mariñas para 2030
Estes días coinciden o Consello de Medio Ambiente en Bruxelas cun cumio informal de pesca, en Bruxas, e mañá o de agricultura. Reunións en que os países deben abordar o equilibrio entre a sustentabilidade medioambiental e os intereses económicos.
A ministra española para a Transición Enerxética destacou que os pequenos agricultores son os primeiros interesados en frear o cambio climático e as consecuencias das secas, pero hai que buscar como acompañalos nese camiño. Teresa Ribera apuntou que sería un fracaso para a Unión Europea non sacar adiante a lei de restauración da natureza, que busca recuperar o 20 % das zonas terrestres e mariñas para 2030.