Publicador de contidos
Publicador de contidos

Demoras nalgúns voos en Galicia como consecuencia da DANA

Demoras nalgúns voos en Galicia como consecuencia da DANA

Houbo atrasos en varios voos procedentes do aeroporto de Madrid e tamén na saída dos voos de regreso ao aeroporto Adolfo Suárez

As demoras foron aproximadamente dunha hora

G24.gal 03/09/2023 21:02 Última actualización 03/09/2023 21:18

Fin de semana de moito movemento nos aeroportos galegos, cos viaxeiros que regresan das vacacións e outros que comezan en setembro o seu período de descanso.

Este domingo estaban programados na nosa comunidade un total de 129 voos, entre saídas e chegadas, a maioría, 73, desde o aeroporto Rosalía de Castro, en Compostela, 31 voos no aeroporto de Vigo e 25 no da Coruña. 

A pesar da DANA que afecta parte da península, aquí en Galicia non cesou a trasfega de viaxeiros e a actividade aeroportuaria transcorreu con bastante normalidade.  

Aínda así, houbo atrasos en varios voos procedentes do aeroporto de Madrid e tamén na saída dos voos de regreso ao aeroporto Adolfo Suárez. As demoras foron aproximadamente dunha hora polas condicións meteorolóxicas adversas en parte do país.

Tamén houbo atraso dunha hora no aeroporto de Santiago na saída de polo menos un voo con destino Valencia e outra demora dos voos de ida e volta ás Palmas de Gran Canaria.

Segundo Aena, non houbo cancelacións nin desvío de voos que afectasen a Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade