O Arenteiro asalta Riazor cun empate no último intre (2-2)
O Arenteiro asalta Riazor cun empate no último intre (2-2)
Mella e Villares puxeron en vantaxe os coruñeses
Chacón e Romay, no 94, marcaron os goles do empate do mataxigantes Arenteiro
A vantaxe do Deportivo baixa aos catro puntos sobre o filial do Barcelona
O Arenteiro asaltou Riazor e sacou un punto nun partido que dominaba o Deportivo cun 2-0. Os goles de Chacón e Romay abren a pelexa polo ascenso directo e o cadro coruñés queda con catro puntos de vantaxe sobre o Barcelona Atlètic.
O primeiro en avisar foi Luis Chacón, un xogador polo que preguntou o Deportivo no mercado de inverno. Deu o Deportivo nunha xogada en que Lucas estaba no bordo do fóra de xogo e na que Mella rematou, posiblemente, coa man.
O partido controlouno o Deportivo no primeiro tempo. Barbero e o propio Mella puideron ampliar a vantaxe. Pero na segunda metade saíu un novo Arenteiro que ameazou, sobre todo cunha xogada individual de Álex Cardero que marchou pegada ao pau.
Cando mellor estaban os do Carballiño chegou o golazo de Villares, cun gran remate desde a frontal. Apenas lle deu tempo a saborear o gol, porque tres minutos máis tarde (67') Chacón atinaba á saída dun córner.
O Deportivo buscou a velocidade de Mella para sentenciar e o partido non se definiu ata o último intre. No 94 un córner favorable ao Arenteiro rematouno un xogador formado no club coruñés como Romay. O malpicán rabuñou un punto para os do Carballiño e puxo patas arriba a Primeira Federación.