Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Rey falla un penalti e o Vilalbés perde en Avilés (1-0)

Pablo Rey falla un penalti e o Vilalbés perde en Avilés (1-0)

Pablo Rey tivo o empate no seus pés, pero errou desde os once metros

G24.gal 21/01/2024 20:24

Visitaba o Rácing Villabés o Avilés na busca dunha vitoria que lles aumentase o colchón sobre o descenso e sobre o rival. Pero no minuto 15 xa se lle puxeron as cousas costa arriba. Nun balón en profundidade que Claudio, diante de Santomé, cruza e fai o 1-0. E puido ser peor, pero o colexiado non sinalou penalti nunha acción sobre Quico tras un gran caneo. Seguiu avisando o Avilés con disparos de longa distancia que obrigaron a actuar a Santomé. Sobre todo o pé esquerdo de Migui Sierra. Tamén protestou o Villabés un penalti sobre Dieng, pero o colexiado tampouco veu nada punible. 

Xa na segunda metade, o colexiado asubiou fóra de xogo nun gol de Del Amo. Chegou a oportunidade visitante. Álvaro Fernández derrubou a Álex Pérez na área. Penalti para o Vilalbés. Pablo Rey lanzou e Álvaro parou. Seguía o 1-0. Tentou o Villalbés ata o final con varios saques de esquina, pero ningún acabou poñendo o empate no marcador

O Avilés recorta distancias e ponse a un só punto do Villabés, 9º con 25, 3 de distancia sobre a promoción de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos