Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desconvocada a folga da siderometalurxia de Ourense tras lograr unha suba do 15% en tres anos

Desconvocada a folga da siderometalurxia de Ourense tras lograr unha suba do 15% en tres anos

O acordo entre sindicatos e patronal inclúe unha cláusula de revisión salarial co IPC para 2025

G24.gal 18/10/2022 18:03 Última actualización 18/10/2022 19:05

Os 4.500 traballadores do sector siderometalúrxico da provincia de Ourense volven ao traballo. Ratificaron en asemblea case por unanimidade o preacordo entre sindicatos e patronal que pon fin a 16 días de folga.

Terán un incremento salarial do 5% este ano, con efecto retroactivo desde xaneiro. E outro 10% a repartir entre os dous próximos anos.  O acordo inclúe unha cláusula de revisión salarial. Garante que en 2025 , cando conclúa o actual convenio, terán un incremento de ata o 18% se o IPC supera o 15%.

UXT, CC.OO e CIG destacan a unidade sindical e a actitude e compromiso dos traballadores durante todo o conflito . E móstranse moderadamente satisfeitos co acordo.

"Non conseguimos todo o que pediamos, pero despois de 16 días de folga corriamos o risco de desgastar a xente e o acordo podía ser un pouco peor", aseguraba Indalecio Gómez, da CIG.

 Foi a primeira folga do sector na provincia de Ourense en 22 anos, unha folga para rematar coa enorme fenda salarial respecto aos seus compañeiros do metal en Pontevedra e na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade