Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un soldado estadounidense tras cruzar a fronteira con Corea do Norte

Deteñen un soldado estadounidense tras cruzar a fronteira con Corea do Norte

A ONU xa traballa cos seus homólogos do exército de Corea para buscar solución a este incidente

G24.gal 18/07/2023 16:11 Última actualización 18/07/2023 19:31

Un soldado estadounidense entrou sen autorización en Corea do Norte durante unha visita á zona militarizada da fronteira. Esta Liña de Demarcación Militar (MDL) divide as dúas Coreas e está en mans do exército norcoreano.

O secretario de Defensa dos Estados Unidos Lloyd Austin confirmou que este soldado cruzou "por vontade propia e sen autorización". O departamento xa está investigando o ocorrido con este soldado que se atopaba en misión militar.  

O Mando da ONU informou nun comunicado que cre que actualmente se atopa baixo custodia da RPDC (Corea do Norte) e asegura que está "traballando con homólogos do Exército Popular de Corea para resolver este incidente".

Hai antecedentes no pasado, pero case sempre se intentou cruzar do lado de Corea do Norte cara ao sur. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade