Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas 200 persoas en París tras unha noite de disturbios pola reforma das pensións

G24.gal 17/03/2023 08:59 Última actualización 17/03/2023 09:20

Máis de 200 persoas foron detidas en París durante os disturbios desatados na capital francesa na noite do xoves en protesta pola aprobación, por decreto, da reforma da pensións.

En concreto, a policía de París arrestou durante as protestas 217 persoas por incendiaren e danaren mobiliario público e enfrontárense ás forzas de seguridade. A Policía empregou canóns de auga e gases lacrimóxenos para dispersar os manifestantes.

 A Policía empregou canóns de auga e gases lacrimóxenos para dispersar os manifestantes  A Policía empregou canóns de auga e gases lacrimóxenos para dispersar os manifestantes

A reforma das pensións posta en marcha polo Goberno de Enmanuel Macron atrasa a idade mínima de xubilación dos 62 actuais a 64. Dende a oposición, Jean Luc Mélenchon animaba a continuar coas protestas.

Protestas na rúa e tamén máxima tensión na Asemblea Nacional. Cando a primeira ministra, Elisabeth Borne, anunciaba a aprobación da reforma por decreto unha parte dos deputados entoaba A Marsellesa.

Macron, Borne e unha parte do executivo utilizaban Macron, Borne e unha parte do executivo utilizaban o artigo 49 da Constitución, por responsabilidade dixeron, para evitar que a Asemblea Nacional votase a reforma.

"Unha reforma aprobada por decreto sen o apoio da Asemblea e do pobo -dixo Marine Le Pen- debe ira á papeleira".

"Unha mostra do afundimento da minoría presidencial", aseguran dende a esquerda.


A primeira ministra di que non vai dimitir, pese ao descontento social. Polo que todo parece dirixirse a unha moción de censura que anuncian tanto desde as extrema dereita como dende a esquerda.

O partido conservador Os Republicanos avanzou tamén que non apoiara ningunha das mocións. Así, o Goberno pode manterse e continuar coa reforma das pensións. Mentres, París, Francia, agarda outra fin de semana de protestas nas rúas.

Os disturbios producíronse na Praza da Concordia, a uns pasos do Parlamento francés. Milleiros de persoas congregáronse nesta zona para denunciar o "paso forzado" do executivo, ao facer uso do artigo 49.3 da Constitución para acometer a reforma das pensións.

Os principais sindicatos franceses anunciaron unha gran xornada de mobilizacións para o vindeiro xoves 23 de marzo, para esixir a retirada total da reforma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade