Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido por máis de trinta roubos nas comarcas de Melide, Arzúa, Ulloa, Deza e Ordes

Detido por máis de trinta roubos nas comarcas de Melide, Arzúa, Ulloa, Deza e Ordes

Atribúenselle os roubos cometidos o pasado outubro nos municipios de Boimorto, Arzúa, Curtis, O Pino, Frades, Oroso, Palas de Rei, Vila de Cruces, Lalín e Melide

Impútanselle ao sospeitoso un total de 37 delitos contra o patrimonio e a seguridade vial

Rompía todas as xanelas dos vehículos se non atopaba o botín desexado no seu interior

O sospeitoso roubando nun dos vehículos O sospeitoso roubando nun dos vehículos
G24.gal 29/01/2025 10:32 Última actualización 29/01/2025 11:36

A Garda Civil detivo, no marco da Operación Cardenal, un home ao que se lle atribúe máis dunha trintena de roubos cometidos nas comarcas de Melide, Arzúa, Ulla, Deza e Ordes. Os investigadores do Equipo ROCA de Santiago de Compostela relacionan o sospeitoso coa comisión de 12 delitos de roubo de vehículos, 22 delitos con forza no interior de vehículos, 2 delitos de furto e un delito contra a seguridade vial por conducir sen ter o permiso.

Este aluvión de roubos comezou o pasado mes de outubro e afectou os municipios de Boimorto, Arzúa, Curtis, O Pino, Frades, Oroso, Palas de Rei, Vila de Cruces, Lalín e, especialmente, Melide.

O arrestado aproveitaba as últimas horas da tarde e os descoidos dos propietarios para subtraer vehículos coas chaves postas, e logo deixábaos en Melide. Utilizaba os coches roubados para roubar noutras zonas pouco transitadas, onde o sospeitoso accedía ao interior dos vehículos estacionados.

Segundo a Garda Civil, empregaba un martelo de emerxencia para romper as ventás e así roubaba os obxectos de valor das guanteiras dos coches. E se non encontraba nada, causaba desperfectos no interior dos vehículos e rompía todas as xanelas.

Detención

O individuo foi detido o pasado 22 de xaneiro en Melide, cando foi sorprendido ao volante dun coche roubado en Frades mentres facía labores de vixilancia buscando outros obxectivos. No momento da detención, levaba ferramentas para os furtos: luvas, chave de parafusos, lanterna, martelo rompecristais, unha garrafa de cinco litros e unha mangueira de succión.

Nesta operación reuníronse as probas para imputar ao sospeitoso un total de 37 delitos contra o patrimonio e a seguridade vial. Púidose recuperar o vehículo roubado e entregalo ao seu propietario.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade