Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un mozo de 22 anos por un acoitelamento nun bar de Riotorto

Detido un mozo de 22 anos por un acoitelamento nun bar de Riotorto

A agresión tivo lugar no transcurso dunha disputa nun bar sobre as tres da madrugada

G24.gal 14/02/2023 13:04 Última actualización 14/02/2023 15:17

Axentes da Garda Civil detiveron un mozo de 22 anos de idade, veciño do municipio lucense de Riotorto, por agredir outro varón cunha arma branca nun local de hostalería no mesmo concello.

A agresión tivo lugar no transcurso dunha disputa nun bar da localidade o pasado día 11 de febreiro sobre as tres da madrugada.

O suposto agredido presentou a denuncia ante a Garda Civil achegando o parte de lesións polas feridas que lle provocou a agresión con arma branca no costado, onde recibiu puntos de sutura a causa da agresión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade