O turismo celebra o seu día mundial subliñando o seu papel clave no entendemento entre culturas
O Día Mundial do Turismo celébrase este ano baixo o lema "Turismo e paz"
Neste Día Mundial do Turismo chegan a Santiago de Compostela viaxeiros de todos os recunchos do mundo.
Baixo o lema "Turismo e paz", este día busca xerar conciencia sobre o valor do turismo, non só en termos económicos, senón tamén como unha ferramenta clave para o entendemento mutuo, a paz e o respecto entre as diferentes culturas.
A data elixida para esta conmemoración non é aleatoria. Tal día, pero de 1970, aprobábanse os estatutos para a creación da OMT como herdeira da Unión Internacional de Organismos Oficiais de Turismo (UIOOT).
Esta efeméride busca concienciar a sociedade do valor económico, social, político e cultural do turismo para lograr os obxectivos de desenvolvemento sostible.
Este ano pon o foco en que o turismo pode ser un factor decisivo para o fomento da paz e o entendemento entre nacións e culturas e o apoio aos procesos de reconciliación.