Publicador de contidos
Publicador de contidos

Disturbios na undécima xornada de protestas en Francia

Disturbios na undécima xornada de protestas en Francia

O Goberno négase a retirar a reforma das pensións e os sindicatos chaman a elevar a presión

Radicais atacaron o restaurante onde Macron celebrou a súa vitoria electoral
G24.gal 07/04/2023 09:43

Na undécima xornada de folga houbo menos manifestantes pero máis violencia. 
Goberno e sindicatos manteñen o pulso despois de que fracasase a reunión desta semana. A policía calculou uns 57.000 asistentes ás protestas en París. Os sindicatos elevan esa cifra ata 400.00. A nivel nacional, falan de dous millóns de manifestantes. 

Coma sempre, ao finalizar a manifestación foi cando se produciron os incidentes máis graves. Os vandálicos cebáronse especialmente con este restaurante, La Rotonde, en que Macron celebrou o seu éxito electoral en 2017. 

Segundo pasan as semanas, sobe tamén o nivel de tensión das mobilizacións. Os radicais queimaron coches, desfixeron mobiliario urbano e atacaron sucursais bancarias. 

O Goberno segue sen dar o brazo a torcer e mantén un texto que contempla o atraso da idade mínima de xubilación dos 62 aos 64 anos. 

Nuns días, o Consello Constitucional, órgano de interpretación da Carta Magna francesa, deberá validar ou non esa lei aprobada por decreto. Para a Confederación Xeral do Traballo, a reforma non ten ningunha xustificación económica nin lexitimidade. 

Os sindicatos xa advertiron de que manterán as mobilizacións mentres non se retire a reforma, aínda que o Consello Constitucional a valide o día 14. Para a véspera, o xoves 13, xa convocaron nova xornada de folga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade