Cargando resultados...
Dous drons estrélanse na rexión rusa de Kaluga sen causar vítimas
Dous drons estrélanse na rexión rusa de Kaluga sen causar vítimas
A rexión está situada ao suroeste de Moscova e a uns 400 quilómetros da fronteira ucraína
G24.gal
11/06/2023 09:02
Dous drons estreláronse este domingo en senllos distritos da rexión rusa de Kaluga, ao suroeste de Moscova e a uns 400 quilómetros da fronteira ucraína, denunciou o gobernador da provincia, Vladislav Shapsha.
"Segundo información confirmada, non houbo vítimas como resultado da caída dun vehículo aéreo non tripulado no distrito de Zhukovski", escribiu na súa canle de Telegram.
O outro aparello estrelouse nunha área forestal do distrito de Medinski, sen que se rexistrasen vítimas.