Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous homes atracan unha sucursal de Abanca en Vigo e levan 160.000 euros

Dous homes atracan unha sucursal de Abanca en Vigo e levan 160.000 euros

Os atracadores deixaron coas mans atadas os empregados e os clientes que había na oficina nese momento

G24.gal 28/10/2022 20:36 Última actualización 28/10/2022 21:18

Dúas persoas atracaron armados cunha pistola unha oficina bancaria na tarde deste venres en Vigo, deixando tres empregados e a dous clientes coas mans atadas no seu interior. Tal como informaron fontes da Policía Nacional, os feitos ocorreron á altura do número 377 da avenida do Aeroporto, onde hai unha oficina de Abanca.

Un dos atracadores estaría armado cunha pistola, mentres que o outro portaba unha navalla. Ían coa cara tapada e con lentes de sol. Tras facerse co diñeiro que había na caixa forte e no caixeiro, lograron saír do lugar. Foron os propios empregados os que chamaron os corpos de seguridade unha vez os ladróns, de entre 50 e 60 anos de idade, fuxiron da oficina.

Polo momento non se detivo nin identificaron ningún dos atracadores. Tamén se descoñece se fuxiron andando, nun coche ou se había máis cómplices no exterior do banco á espera. As mesmas fontes explicaron que por agora tampouco se sabe a canto ascende o botín roubado, aínda que indicaron que se trata dunha cantidade "moi elevada" que podería superar varios miles de euros. Unha patrulla da Policía Local tamén acudiu ao lugar en apoio á Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade