Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos catro mortos nun novo ataque ruso na Ucraína con 90 drons e mísiles

Polo menos catro mortos nun novo ataque ruso na Ucraína con 90 drons e mísiles

É o segundo ataque en dous días, despois de que Ucraína fose atacada este luns con máis de 200 drons e mísiles que destruíron numerosas infraestruturas enerxéticas e mataron catro persoas

G24.gal 27/08/2024 09:28

As defensas aéreas ucraínas destruíron nas primeiras horas deste martes cinco mísiles e sesenta drons dos máis de noventa artefactos destes dous tipos lanzados esta madrugada por Rusia contra territorio de Ucraína, segundo o parte publicado pola Forza Aérea ucraína.

Entre os mísiles lanzados por Rusia hai tres mísiles hipersónicos Kinzhal que non puideron ser interceptados, segundo o parte da Forza Aérea de Ucraína.

Preto de Kiev foron destruídos 15 drons e varios mísiles, segundo informou o xefe da Administración Militar da capital ucraína, Serguí Popko.

“Todo o que voaba cara á capital foi destruído”, escribiu Popko nas súas redes sociais.

Medios ucraínos informaran de explosións en varios óblasts do país. Polo menos catro persoas morreron esta madrugada durante o ataque ruso do martes nas cidades de Krivi Rig e Zaporijia, no centro e o sueste do país.

Polo momento non se coñecen os obxectivos deste novo ataque ruso, o segundo en dous días despois de que Ucraína fose atacada o luns con máis de 200 drons e mísiles que destruíron numerosas infraestruturas enerxéticas en todo o país e mataron a catro persoas noutras tantas rexións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade