Dous novos incendios superan as 20 hectáreas en Oímbra e Cenlle
Dous novos incendios superan as 20 hectáreas en Oímbra e Cenlle
Medio Rural informa de que o incendio de Oímbra entrou por Portugal
Medio Rural informou na tarde deste luns de dous novos incendios activos na provincia de Ourense.
Un deles afecta o concello de Oímbra, que foi significativamente afectado por esta vaga de incendios. A parroquia na que se decretou é a de Bousés e a consellería informa de que entrou de Portugal.
Na última medición de Medio Rural, estimase que arderon 70 hectáreas. Traballan na súa extinción dous axentes, nove brigadas, catro motobombas, dúas pas, dous avións e catro helicópteros.
O outro decretouse no concello de Cenlle, na parroquia da Pena, e leva queimadas 40 hectáreas. Para sufocar as lapas mobilizáronse catro axentes, oito brigadas, nove motobombas, unha pa, oito avións e sete helicópteros.
Tamén se declararon incendios de menor envergadura en Xunqueira de Ambía e no concello de Laza.
Extinguido o incendio en Porto do Son, Viana do Bolo e A Pobra de Trives
Por outro lado, a Xunta deu por extinguido o lume en Porto do Son. Segundo a última medición o lume afectou a 80 hectáreas, das que 6 foron de arborada e 74 de monte raso.
Tamén na tarde deste luns se extinguiron as lapas en Viana do Bolo, que calcinaron 114 hectáreas, e o de Pobra de Trives onde se estima que arderon unhas 12,3.