Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous palestinos morren por fogo israelí nunha redada ao norte de Cisxordania

Dous palestinos morren por fogo israelí nunha redada ao norte de Cisxordania

No que vai de ano morreron 199 palestinos na zona, entre eles 36 menores

Unha ambulancia esta noite en Tulkarem Unha ambulancia esta noite en Tulkarem
G24.gal 24/09/2023 09:09 Última actualización 24/09/2023 16:27

Dous palestinos morreron este domingo en enfrontamentos armados con tropas israelís no campo de refuxiados palestinos de Nur Shams, preto da cidade de Tulkarem, ao norte da Cisxordania ocupada, o que achega a 200 a cifra de vítimas mortais palestinas na zona no que vai de ano.

O Ministerio de Sanidade palestino identificou os falecidos como Asid Abu Ali, de 21 anos; e Abed Al Rahman Abu Daghash, de 32 anos; ambos os dous mortos tras recibiren disparos na cabeza.

As forzas de seguridade israelís levaron a cabo esta madrugada un operativo para desmantelar un centro de mando de grupos armados palestinos no campamento de Nur Shams. Segundo informan, toparon decenas de explosivos listos para usar en "actividades terroristas".

"Localizaron un edificio e desmantelaron un centro de mando no seu interior que contiña dispositivos de observación, computadores e dispositivos tecnolóxicos. Ademais, noutro cuarto atoparon e neutralizaron decenas de artefactos explosivos listos para usar e unha gran cantidade de compoñentes para fabricar máis artefactos explosivos", indicou un portavoz militar.

A Cisxordania ocupada e Israel viven a súa maior espiral de violencia desde a segunda Intifada (2000-05) e neste 2023 xa morreron 199 palestinos no marco do conflito, a maioría milicianos en enfrontamentos armados con tropas israelís e atacantes, pero tamén civís, incluídos 36 menores.

En paralelo, na zona proliferaron novos grupos armados palestinos, que realizan cada vez máis ataques e deixaron 32 mortos ao lado israelí, a maioría colonos, cinco deles menores, e 4 uniformados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade