Dous peregrinos perden a vida no Camiño de Santiago nas últimas horas
Dous peregrinos perden a vida no Camiño de Santiago nas últimas horas
Os falecidos camiñaban polos concellos de Castroverde e Portomarín cando ao parecer sufriron unha indisposición
Segundo peregrino morto nas últimas horas no Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. Eran as 9:45 horas cando un peregrino que se atopaba facendo o Camiño de Santiago solicitou asistencia sanitaria para un compañeiro do seu grupo que se esborrallou á altura da parroquia da Frairía, en Castroverde. Durante a súa chamada, o alertador explicaba que o home permanecía inconsciente.
O 112 Galicia solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia e o helicóptero medicalizado con base en Ourense, e os axentes da Garda Civil. A pesar dos esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Este martes tamén perdía a vida no Camiño un peregino de Valladolid de 58 anos cando camiñaba por Portomarín acompañado pola súa filla.