Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP aproba en solitario un ditame que nega ilegalidades nas contratacións da Xunta durante a pandemia

O PP aproba en solitario un ditame que nega ilegalidades nas contratacións da Xunta durante a pandemia

A oposición volveu cargar contra o PP ao considerar que boicotearon a comisión dende o principio negando información e comparecencias

G24.gal 27/12/2024 14:57

No Parlamento de Galicia, a comisión de investigación sobre os contratos da Xunta rematou este venres os seus traballos aprobando o ditame final, cos votos a favor do Partido Popular. ​​​

O ditame, elaborado polo PP, conlúe que non houbo ilegalidades nas contratacións do Goberno galego durante a pandemia nin tampouco no modelo de concesión do hospital Álvaro Cunqueiro. A oposición volveu cargar contra o PP, ao considerar que boicotearon a comisión dende o principio negando información e comparecencias.

E, de feito, o BNG presentou un voto particular en contra das conclusións que se votará no pleno da cámara, xunto ao ditame, cando se retome o período de sesións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade