Continúan as pescudas sobre o tractor e a lancha atopadas en Vilanova
Continúan as pescudas sobre o tractor e a lancha atopadas en Vilanova
O delegado do Goberno valora as actuacións das forzas de seguridade
As hipóteses sobre o tractor e a lancha apuntan a unha descarga de droga
A Garda Civil continúa coa investigación dos feitos
En Vilanova, preto da ponte da Illa de Arousa, nada fai pensar na investigación que continúa o seu curso sobre unha posible operación de narcotráfico que tería lugar nas vésperas de Nadal. A Garda Civil retirou xa o tractor e a lancha que apareceran aquí, en Rego do Alcalde, o día de Noiteboa. As autoridades non dan detalle ningún das actuacións que corren a cargo dos efectivos da Garda Civil.
Este ano comisáronse en Galicia máis de 12 toneladas de cocaína. En Vilanova, todos os indicios apuntan a unha grande operación levada a cabo por algunha das organizacións que se dedican ao transporte de droga no Salnés.
O achado dun tractor varado na area e preto del, amarrada no peirao, unha planadora con tres potentes motores deron pé a diversas especulacións sobre que puido pasar para que quedaran os dous vehículos abandonados deste xeito.