Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan unha descarga frustrada de droga en Vilanova durante a Noiteboa

Investigan unha descarga frustrada de droga en Vilanova durante a Noiteboa

Atopan unha planadora e un tractor abandonados preto do peirao de Rego do Alcalde

Uns mariscadores alertaron do achado na tarde do 24

Antón Montero 26/12/2024 19:44 Última actualización 26/12/2024 20:05

Un tractor abandonado na area: foi a curiosa imaxe que atoparon uns ciclistas na mañá do día de Nadal. "Iamos facendo unha ruta pola beira do mar de Caldas de Reis a Vilagarcía e atopamos este tractor. Que pinta aquí?, que leira hai? Digo eu!l", contaba un deles.

O vehículo estaba tan a dentro na praia que a preamar o deixaba practicamente mergullado. Sospéitase que estaba aquí para axudar na descarga dun alixo de droga, hipótese reforzada por estoutro achado, este menos insólita na zona de Arousa: o dunha potente planadora amarrada e malamente cuberta cunha lona.

Os dous vehículos atopáronos uns mariscadores ás sete da tarde do día de Noiteboa, unha festividade na que a vixilancia non é tan estrita. 

"Aquí vese movemento, pero eu non me decatei de nada. A ver, vivimos aí ao lado e vemos luces aquí, pero tamén intentas non mirar moito", contaba unha veciña.

A media tarde, tractor e planadora eran retirados desde peirao de Rego do Alcalde, que quedou precintado mentres se apura a investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade