Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas tres persoas en Lugo acusadas de estafar vendendo falsos billetes premiados de lotería

Detidas tres persoas en Lugo acusadas de estafar vendendo falsos billetes premiados de lotería

A voz de alarma deuna unha cidadá de Lugo, que ía ser vítima da estafa e que chamou inmediatamente ao 091, comunicando o feito

G24.gal 27/12/2024 09:57

A Policía Nacional detivo en Lugo tres persoas, integrantes do Clan San Segundo, acusados de realizar varias estafas coa estafa do 'tocomocho', consistente en vender falsos billetes premiados de Lotería.

Tal e como apunta a policía, neste calote os estafadores enganan a vítima con lotería ou cupóns que presuntamente están premiados. O gancho, mostrando algún tipo de discapacidade física ou psíquica, ofrece estes boletos a un prezo moi inferior ao premio, mentres que outro membro do clan fai o intento de adquirilos para enganar a vítima e que este achegue diñeiro ou xoias para facerse cos cupóns falsos.

A voz de alarma deuna unha cidadá de Lugo, que ía ser vítima da estafa e que chamou inmediatamente á sala do 091, comunicando o feito. Os axentes puxeron entón en marcha un dispositivo para dar cos autores, que este ano realizaran catro estafas na cidade por un valor de varios miles de euros.

Froito deste operativo, a policía interceptou o vehículo onde se trasladaban os autores das estafas. No seu poder atopáronse máis de 500 euros en metálico, xoias, sobres con emblemas de entidades bancarias, cartolinas e papeis para simular diñeiro, así como cupóns e boletos de lotería caducados e non premiados que servían de reclamo para as estafas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade